O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca.
Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: “Non se pode falar nin calar sen perigo”. A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico.
A estrutura desta novela semella a dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.
Manuel Rivas Barrós (born 24 October 1957 in A Coruña, Galicia, Spain) is a Galician writer, poet and journalist.
Manuel Rivas Barrós began his writing career at the age of 15. He has written articles and literature essays for Spanish newspapers and television stations like Televisión de Galicia, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El País, and was the sub-editor of Diario 16 in Galicia. He was a founding member of Greenpeace Spain, and played an important role during the 2002 Prestige oil spill near the Galician coast.
As of 2017, Rivas has published 9 anthologies of poetry, 14 novels and several literature essays. He is considered a revolutionary in contemporary Galician literature. His 1996 book "Que me queres, amor?", a series of sixteen short stories, was adapted by director José Luis Cuerda for his film "A lingua das bolboretas" ("Butterfly's Tongue"). His 1998 novel "O lápis do carpinteiro" ("The Carpenter's Pencil") has been published in nine countries and it is the most widely translated work in the history of Galician literature. It also was adapted to cinema as "O Lápis do Carpinteiro".