Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes “O conservador país onde non existen os conservadores” (Premio Fernández Latorre de periodismo); “No mellor país do mundo” (serie publicada en La Voz de Galicia); “Terra Cha, cha, cha, cha” (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); “A Campaña do Ogro” (sobre as eleccións de 1993); “A Campaña do Botafumeiro” (sobre as eleccións de 1997); “O gaiteiro solitario” (serie publicada en A Nosa Terra); “Toca madeira” (serie publicada en La Voz de Galicia); “O pleonasmo de Don Manuel”; “Oración fúnebra pola Orquestra do Vento” (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto). A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de “No mellor país do mundo”, por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida profecía. Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.
Manuel Rivas Barrós (born 24 October 1957 in A Coruña, Galicia, Spain) is a Galician writer, poet and journalist.
Manuel Rivas Barrós began his writing career at the age of 15. He has written articles and literature essays for Spanish newspapers and television stations like Televisión de Galicia, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El País, and was the sub-editor of Diario 16 in Galicia. He was a founding member of Greenpeace Spain, and played an important role during the 2002 Prestige oil spill near the Galician coast.
As of 2017, Rivas has published 9 anthologies of poetry, 14 novels and several literature essays. He is considered a revolutionary in contemporary Galician literature. His 1996 book "Que me queres, amor?", a series of sixteen short stories, was adapted by director José Luis Cuerda for his film "A lingua das bolboretas" ("Butterfly's Tongue"). His 1998 novel "O lápis do carpinteiro" ("The Carpenter's Pencil") has been published in nine countries and it is the most widely translated work in the history of Galician literature. It also was adapted to cinema as "O Lápis do Carpinteiro".